Quantcast
Channel: Dúbidas
Viewing all articles
Browse latest Browse all 15

Como/Coma

$
0
0
Como / coma

Comoe comaúsanse nas comparacións de igualdade. Entran en correlación con tanto(s) / tanta(s) ou tan, pero nalgúns casos estes termos poden non aparecer.


O asunto non é tan doado comoparece

Es (tan) listo comaun allo

Es tan listo comoo é teu pai


Comaé a variante máis frecuente e característica da comparación, pois comoten outros valores non comparativos (modais, causais, condicionais), que comanon ten.

Cinxíndose á estrutura comparativa, a distribución de ambos é só parcialmente igual á de ca/que:

  1. Úsase sempre comaantepronomes persoais


Fixeches tanto o parvo coma min


  1. Comaé máis usual que como, e por iso se recomenda, ante as restantes frases, ante oracións amodotemporais e ante oracións con verbo modotemporal iniciadas por outro nexo (se, que, quen, cando...):


Miña nai fai filloas coma ninguén. Pois claro que está enfadado, coma todos. Tanto ten Xan coma Pericán. Pois Eladio estache coma sempre.

Tanto lle ten vir coma quedar. Está tan triste pola súa marcha coma doídopor non te despedires

Fixo coma/como se non nos vise. Fai coma/como que non os ves. Facede coma/como quen que non os vedes. Todo foi coma/como cando eramos pequenos.


As mesmas posibilidades existen en construcións semellantes que non son propiamente comparativas.


É coma un touro. Está coma un buxo. Ten un cabelo coma o acibeche.


  1. Cómpre usar comoante oracións con verbo modotemporal sen outro nexo no inicio das mesmas e significado netamente comparativo:


Non era tan luxoso como parecía. O negocio non foi tan redondo como nun principio crían.


Con todo, nas distributivas, úsanse coma / como no mesmo contexto


Tanto fala seguido como/comaqueda calado toda a tarde


Viewing all articles
Browse latest Browse all 15

Latest Images